irradiación

< lat irradiatĭone
Pliral: irradiacións
  1. s f
    1. FÍS Exposición dun corpo á acción das radiacións ionizantes.
    2. ALIM Tratamento de esterilización dos alimentos mediante radiacións ionizantes (raios gamma e electróns acelerados) para evitar alteracións dos alimentos.
    3. MED Aplicación de certos raios como forma terapéutica ou diagnóstica.
  2. s f ZOOL Disposición anatómica de nervios ou vasos que saen dun centro común.
  3. s f LING Fenómeno semántico polo que o nome dun obxecto pasa a denominar outros obxectos que teñen algún trazo común co primeiro.
  4. s f PAT Dispersión dun impulso nervioso ou dunha dor fóra da súa vía ordinaria.