iodo

Pliral: iodos
  1. s m QUÍM Elemento non metálico que pertence á familia dos halóxenos e se sitúa no grupo VII B da táboa periódica. É un sólido cristalino de cor gris escura, con brillo metálico e o seu vapor é dunha cor violácea. No corpo humano é absorbido polo tubo dixestivo e almacenado na tiroide, no seo da tiroglobulina, onde efectúa a iodación da tiroxina en iodoiroxina. Emprégase como reactivo volumétrico, como desinfectante e xermicida, na produción de chuvia artificial e na fotografía.
  2. índice de iodo QUÍM Porcentaxe de peso de halóxeno, calculado como iodo, que se absorbe por unha graxa nunhas condicións determinadas.
  3. tintura de iodo QUÍM Solución de iodo en alcohol, que se emprega como desinfectante.