Introdución no interior dun organismo dunha solución ou suspensión estéril por medio dunha xiringa ou dun instrumento axeitado.
Líquido que se inxecta.
TECNOL
sfSistema de alimentación dos motores alternativos de combustión interna que consiste en inxectar a cantidade axeitada de combustible directamente dentro da cámara de combustión (inxección directa) ou á entrada do cilindro, preto da válvula de admisión (inxección indirecta).
bomba de inxecciónBomba que se emprega na inxección de combustible que dosifica a cantidade de combustible inxectada e fornece a presión adecuada.
sfINDTécnica de moldeado que consiste en introducir a aliaxe a presión no molde e efectuar a solidificación nas mesmas condicións.