inversión

< lat inversĭōne
Pliral: inversións
  1. inversión de fase FÍS Cambio de fase dunha onda en π radiantes.
  2. s f Acción e efecto de inverter ou inverterse.
  3. s f FÍS Cambio de sentido da corrente eléctrica.
  4. s f MAT Transformación xeométrica do plano ou do espazo que, dado un punto O, denominado centro de inversión, e un número k, denominado potencia, fai corresponder a cada punto P outro punto P’, de maneira que O, P e P’ son aliñados, e os segmentos OP e OP’ completen a relación OP · OP’= k.
  5. s f MÚS
    1. Operación que afecta á disposición dun intervalo, elevando o son grave unha oitava ou baixando tamén unha oitava o son máis agudo.
    2. Disposición dun acorde en que non coincide a nota máis grave coa nota fundamental.
  6. PAT
    1. s f Anomalía que consiste no feito de que un ou máis órganos están no lado contrario ao que ocupan normalmente.
    2. inversión uterina Invaxinación do útero de maneira que a parte interna é convertida en externa polo descenso máis ou menos acusado do fondo do útero á cavidade uterina ou vaxinal.
  7. s f QUÍM
    1. Reacción pola que un composto se transforma no seu isómero oposto.
    2. Reacción en que se inverte a configuración absoluta dun carbono asimétrico.
  8. inversión cromosómica XEN Aberración cromosómica que consiste nunha inversión na orde de colocación da secuencia dun grupo de xenes.
  9. inversión sexual PSIC Comportamento do individuo que rexeita como propios os papeis que lle foron asignados pola sociedade ao seu sexo. Pódese aplicar este termo á homosexualidade, ao travestismo e á transexualidade.
  10. inversión térmica METEOR Aumento da temperatura do aire cando debería descender segundo o gradiente térmico, consecuencia da irradiación nocturna do solo nunha situación anticiclónica invernal.
  11. zona de inversión FÍS Zona do semicondutor próxima ao illante, nun dispositivo metal-illante-semicondutor, onde se produce unha acumulación de portadores minoritarios que inverten o carácter eléctrico do semicondutor.