amortecedor -ra

Pliral: amortecedores Masculino: amortecedor Masculino plural: amortecedores Femenino: amortecedora Femenino plural: amortecedoras
  1. adx Que amortece.
  2. s m ENX Dispositivo utilizado para evitar as perturbacións que se producen nas máquinas eléctricas sincrónicas por disimetrías magnéticas e eléctricas que distorsionan o campo magnético lonxitudinal.
  3. s m METROL Dispositivo dun aparato de medición que evita que a agulla oscile arredor do seu punto de equilibrio.
  4. amortecedor de suspensión ENX Dispositivo mecánico que reduce progresivamente ata anular  as oscilacións do sistema elástico de suspensión dun vehículo.
  5. amortecedor electromagnético ENX Tipo de amortecedor cun funcionamento baseado nas correntes de Foucault.
  6. amortecedor torsional ENX Dispositivo montado nun extremo do cegoñal dos motores de explosión para suprimir ou reducir as tensións que producen as vibracións torsionais.
  7. solución amortecedora QUÍM Solución en que o pH varía moi pouco por dilución ou por adición de cantidades moderadas de ácidos ou de bases.