íntimo -ma

< lat intĭmu
Pliral: íntimos Masculino: íntimo Masculino plural: íntimos Femenino: íntima Femenino plural: íntimas
  1. adx Que pertence ao máis profundo, reservado e individual dunha persoa.
  2. adx
    1. Que permanece oculto aos demais porque pertence a un individuo en particular.
    2. Que está reservado a un número reducido de persoas coas que se ten un trato de confianza.
    3. Que é tranquilo e axeitado para un trato persoal ou un uso privado.
  3. adx Que é de moita confianza e moi amigo. Tm s.
  4. adx ZOOL Que ten os seus elementos moi unidos ou moi relacionados entre si.
  5. Aplícase á máis interna das capas dun vaso sanguíneo. Tm s f.

Citas

  • A primeira etapa caracterizouse por unha poesía íntima e sinxela
  • A vida íntima non lla conta a ninguén
  • Colocou o sofá no recanto máis íntimo da sala
  • Existe unha íntima conexión entre todos os feitos
  • Foi un acto íntimo ao que só asistiron dez persoas
  • No íntimo da súa alma sentía un fondo pesar
  • Só asistiu un amigo íntimo e a súa dona, Á cea viñeron os máis íntimos