intestino -na

Pliral: intestinos Masculino: intestino Masculino plural: intestinos Femenino: intestina Femenino plural: intestinas
  1. adx Aplícase ao que ocorre no interior, especialmente nun corpo social, civil ou doméstico.
    1. s m ANAT Conduto que forma parte do tubo dixestivo e que vai desde a rexión gástrica ata o ano.
    2. intestino cular ANAT recto.
    3. intestino delgado ANAT Parte do intestino dos vertebrados, que ten unha función secretora e de absorción e ao que van parar os xugos pancreático, biliar e do mesmo intestino.
    4. intestino groso ANAT Parte do intestino dos vertebrados que ten unha función defecadora e de reabsorción de auga.
    5. intestino primeiro ANAT duodeno.
  2. s m ANIMAL Urocordado, da orde dos flebobranquiados, de corpo cilíndrico, verdoso, esbrancuxado e arrubiado, que acada ata 20 cm.
  3. intestino xirado PAT Nome popular da enfermidade do miserere ou oclusión intestinal.