intervir

< lat intervenīre
  1. v i
    1. Tomar parte en algo que se fai entre varios.
    2. Tomar parte nun asunto alleo para tentar arranxalo ou modificalo.
    3. Ser unha cousa unha das circunstancias que inflúen noutra.
  2. v i Comparecer unha terceira persoa nun proceso pendente.
  3. v t Controlar unha autoridade unha comunicación privada ou o medio co que se realiza.
  4. v t Fiscalizar ou limitar á autoridade competente o funcionamento de algo.
  5. v t DER Impedir a alguén, a autoridade competente, a libre disposición dos seus bens.
  6. v t Practicar unha intervención cirúrxica.Tm abs.

Sinónimos

Citas

  • Interveu unha vez en todo o debate
  • Interviñeron a comercialización de productos para evitar unha caída de prezos
  • Interviñérono de urxencia dunha apendicite, OBS: Nalgúns contextos omítese o complemento e adquire valor absoluto, Tiveron a ben intervir antes de saber o resultado da proba
  • Na situación actual da economía interviñeron varios factores
  • O xuíz interveulle todas as contas bancarias
  • O xuíz mandou que lle interviñesen o teléfono
  • Un país estranxeiro interveu no proceso de pacificación da zona
Verbo: intervir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interveño

intervés

intervén

intervimos

intervides/intervindes

interveñen

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interviña

interviñas

interviña

interviñamos

interviñades

interviñan

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

intervín

interviñeches

interveu

interviñemos

interviñestes

interviñeron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interviñera

interviñeras

interviñera

interviñeramos

interviñerades

interviñeran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

intervirei

intervirás

intervirá

interviremos

interviredes

intervirán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interviría

intervirías

interviría

interviriamos

interviriades

intervirían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interveña

interveñas

interveña

interveñamos

interveñades

interveñan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interviñese

interviñeses

interviñese

interviñesemos

interviñesedes

interviñesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

interviñer

interviñeres

interviñer

interviñermos

interviñerdes

interviñeren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

intervén

-

-

intervide

ou

intervinde

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

intervir

intervires

intervir

intervirmos

intervirdes

interviren

Gerundio

intervindo

Participio

intervido/intervindo

intervida/intervinda

intervidos/intervindos

intervidas/intervindas