interpretación

< interpretatĭōne
Pliral: interpretacións
  1. s f Acción e efecto de interpretar.
  2. s f LIT/FILOS/RELIX Arte de entender ou declarar o contido ou sentido dun escrito, un discurso ou unha obra de arte, que presenta un sentido escuro ou que ofrece dúbidas. Denomínase hermenéutica a interpretación dos textos filosóficos e esexese a interpretación bíblica.
  3. s f ESPECT Arte e técnica de representar ou encarnar un personaxe dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva.
  4. interpretación das leis DER Acción de interpretar o sentido das normas xurídicas na súa aplicación a un caso concreto.