amoroso -sa

< amor
Pliral: amorosos Masculino: amoroso Masculino plural: amorosos Femenino: amorosa Femenino plural: amorosas
  1. adx
    1. Que manifesta amor.
    2. Que está inspirado polo amor.
  2. adx Que é agradable ao tacto ou aos sentidos en xeral.
  3. adx Que é doado de traballar.

Citas

  • Dedicoulle unhas amorosas palabras na cea de homenaxe ao seu pai
  • É un tecido amoroso para facer calquera peza de roupa
  • É unha persoa amorosa, especialmente cos da súa familia
  • É unha roupa amorosa ao tacto
  • Está un día ben amoroso para ir á praia
  • Tivo un xesto amoroso co seu fillo máis novo

Palabras vecinas