Relativo ou pertencente a dúas ou máis nacións, ao que ocorre ou se realiza entre elas e aos seus naturais.
Relativo ou pertencente a todas as nacións ou que ocorre ou se realiza entre elas.
adxDEPQue participa en competicións internacionais. Tm s.
ARTE
estilo internacionalEstilo arquitectónico aparecido en Los Angeles cara a 1920-1925 resultado da fusión da arquitectura estadounidense e as correntes europeas introducidas por R. Schindler e R. Neutra, que se caracterizou pola concepción da arquitectura como volume, a idea de que a orde é o medio para lle dar claridade ao proxecto arquitectónico e o rexeitamento da decoración inmotivada.
gótico internacionalEtapa da pintura gótica que comprende a pintura europea de finais do s XIV e comezos do s XV, que se caracterizou por un avance na concepción da perspectiva, por unha acentuación do movemento e por un perfeccionamento no retrato.
Citas
A vida internacional atravesa momentos difíciles, Celébrase o ano internacional do neno