intendencia

< intendente
Pliral: intendencias
  1. s f Cargo de intendente.
  2. s f Oficina do intendente.
  3. s f HIST Circunscrición administrativa que depende do intendente, tamén denominada provincia. Foi introducida na Coroa española por Filipe V a imitación das intendencias francesas.
  4. s
    1. BÉL Corpo e servizo dos exércitos encargado de proporcionar alimentos, roupas e materiais ás tropas, ademais de administrar os cartos e realizar os pagos.
    2. p ext Abastecemento e administración dun grupo de persoas.