integración

< lat integratĭōne
Pliral: integracións
  1. s f Acción e efecto de integrar ou integrarse.
  2. s f MAT Cálculo dunha integral.
  3. s f DER Actividade realizada na aplicación do dereito que ten por obxecto cubrir as eivas na regulación dun suposto de feito concreto e determinado, mediante o recurso a elementos do mesmo sistema xurídico ou consuetudinario.
  4. s f FÍS Disposición dos diversos compoñentes e dispositivos electrónicos nun circuíto integrado, de xeito que nun espazo moi reducido pode ser disposto un número moi elevado de elementos.
  5. ECON
    1. s f Conxunto de operación de fusión e de absorción de empresas.
    2. integración económica Proceso polo que varios mercados se unen para crear un só, a través do incremento das súas relacións comerciais e do establecemento de medidas de política económica comúns.
  6. s f SOCIOL
    1. Conxunto de relacións que dan a cada individuo a conciencia da súa identificación co grupo e da súa participación dentro do conxunto social cohesionado.
    2. Proceso polo que unha sociedade asimila os elementos heteroxéneos.
  7. integración fotoeléctrica COMUN Fenómeno que ten lugar no mosaico dos tubos analizadores, segundo o que cada célula elemental se carga, durante a emisión dunha imaxe completa, grazas á emisión fotoeléctrica que se produce pola luz incidente.