insolación

< lat insolatĭōne ‘exposición ó sol’
Pliral: insolacións
  1. s f Exposición prolongada aos raios do sol.
  2. METEOR
    1. s f Intervalo de tempo no que brilla o sol.
    2. insolación relativa Relación entre o número de horas que brilla o sol, nun período de tempo determinado, e o número de horas que o sol está sobre o horizonte no mesmo período.
  3. s f PAT Enfermidade que consiste nunha gran febre, cefaleas, vertixes, delirios e coma, causada por unha exposición excesiva aos raios do sol.