insectívoro -ra

Pliral: insectívoros Masculino: insectívoro Masculino plural: insectívoros Femenino: insectívora Femenino plural: insectívoras
  1. adx ECOL Aplícase aos animais zoófagos e plantas carnívoras que se alimentan principalmente de insectos.
  2. ANIMAL
    1. adx Relativo ou pertencente aos insectívoros.
    2. s m Mamífero da orde dos insectívoros.
    3. s m pl Orde de mamíferos placentarios,plantígrados que presentan ollos e orellas pouco desenvolvidas, cinco dedos provistos de unllas, dentes moi numerosos pouco diferenciados e aguzados, e un fociño aguzado rematado nunha trompa móbil rica en órganos sensitivos. Son animais pequenos, plantígrado, a maioría deles nocturnos, e pasan gran parte da súa vida baixo terra.