amonio

< Ammón, Xúpiter
Pliral: amonios
  1. s m QUÍM Radical monovalente hipotético, de fórmula NH 4 , do que deriva o ión amonio e os sales amónicos.
  2. acetato de amonio QUÍM Composto utilizado en tintura, para conservar carnes e en medicina polas súas propiedades expectorantes e diuréticas.
  3. amonio cuaternario QUÍM Designación xenérica dos radicais monovalentes -NR 4 , que resultan de substituír no radical amonio os catro hidróxenos por grupos alquilos e se aplican industrialmente como desinfectantes, funxicidas, desodorantes e deterxentes.
  4. bicarbonato de amonio QUÍM Sólido que se utiliza para desengraxar materias téxtiles, en extintores de incendios, en levaduras químicas e en medicina como expectorante e carminativo.
  5. bifluoruro de amonio QUÍM Substancia que se utiliza para os gravados en vidro, para abrillantar o aluminio e como esterilizante na industria da cervexa e do leite.
  6. bromuro de amonio QUÍM Sólido cristalino que se obtén mediante a neutralización do ácido bromhídrico con amoníaco e que se utiliza en fotografía, en litografía, para facer ignífuga a madeira e en medicina como sedante de rápida absorción.
  7. carbamato de amonio QUÍM Cristais que se empregan como fertilizante.
  8. carbonato de amonio QUÍM Mestura de bicarbonato e de carbonato amónico que se utiliza en tintura, nos fermentos químicos e en medicina como expectorante e carminativo.
  9. cloruro de amonio QUÍM Cristais que se empregan como electrólito en pilas secas ou en medicina como expectorante e diurético.
  10. hidroxenofosfato de amonio QUÍM Compostos que se empregan na fabricación de mistos e tamén en soldadura.
  11. ión amonio QUÍM Catión monovalente NH 4 + que se forma por reacción do amoníaco cos ácidos protónicos.
  12. nitrato de amonio QUÍM Composto que se emprega como fertilizante, na fabricación de explosivos e en pirotecnia.
  13. nitrosulfato de amonio QUÍM Fertilizante mineral a base de sulfato amónico e nitrato amónico.
  14. sulfato de amonio QUÍM Composto que se emprega como fertilizante e que comercialmente é o sal amónico máis importante.
  15. sulfuro de amonio QUÍM Sólido cristalino amarelo que se utiliza para lustrar bronce, na industria téxtil e mais en fotografía.