inmunidade

< lat immunĭtāte
Pliral: inmunidades
  1. s f Calidade de inmune.
  2. DER
    1. s f Exención de obrigas, penas ou cargas a favor dunha persoa ou dun lugar.
    2. inmunidade diplomática Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.
    3. inmunidade eclesiástica Privilexio outorgado á Igrexa en virtude do que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder asilo relixioso, os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servizos.
    4. inmunidade parlamentaria Prerrogativa da que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a que non poden ser detidos, agás en caso de flagrante delito, e nin tan sequera inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa da cámara da que forman parte.
  3. FISIOL
    1. s f Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, grazas á formación de anticorpos específicos.
    2. inmunidade celular Conxunto de procesos inmunitarios que son realizados en ausencia de anticorpos e son posibles grazas aos linfocitos T.
    3. inmunidade humoral Conxunto de procesos inmunitarios que se relacionan coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B.