sfCalidade do que é inherente a un ser ou a un conxunto de seres e que non é o resultado dunha acción exterior a eles.
filosofía da inmanenciaSistema de pensamento idealista que identificou a realidade coa consciencia, considerada esta como a unión do eu cos seus obxectos.
principio de inmanenciaPrincipio ontolóxico ligado á filosofía de M. Blondel segundo o que toda expresión humana está presa no mesmo tecido intelixible.
principio de inmanenciaLINGPrincipio polo que, segundo a terminoloxía de F. de Saussure, o obxecto da lingua é ela mesma, considerada desde o punto de vista estrutural e na relación que hai entre os dous elementos, orixinados da abstracción da substancia lingüística.