sfProposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.
sfAcción de quen propón ou fai algo antes que os demais.
sfCalidade ou capacidade de quen decide ou emprende algo con decisión.
iniciativa lexislativaPOLÍTPotestade para formular unha lei que consiste na presentación ao Parlamento dun texto articulado con prescricións normativas.
Citas
Houbo moitas iniciativas para axudar os afectados
Son xente sen iniciativa que lle gusta que lle dean todo feito
Tomou a iniciativa á hora de defender os dereitos veciñais