infraestrutura

Pliral: infraestruturas
  1. s f Parte dunha construción sobre a que se asenta esta, xeralmente baixo o nivel do terreo.
  2. s f Estrutura básica necesaria para o funcionamento de algo.
  3. s f ECON Conxunto de elementos de base que facilitan o funcionamento do sistema produtivo como son as estradas, os ferrocarrís, o aprovisionamento de auga e outras fontes de enerxía, instalacións sanitarias, urbanización e sistema educativo.
  4. s f ECON Base ou estrutura económica dunha sociedade.

Formas incorrectas

infraestructura