sfFÍSPropiedade dun circuíto eléctrico en virtude da que se produce unha fem por indución.
FÍS
sfMagnitude que expresa esta propiedade.
indutancia mutua [M]Relación entre o fluxo magnético que se produce nun circuíto a causa da corrente que circula por outro próximo e esta corrente. A unidade de medida é o henry.
indutancia propia [L]Relación entre o fluxo magnético total abranguido por un circuíto eléctrico e a corrente que circula. O seu valor é L = Nφ/I, onde N é o número de espiras; φ, o fluxo dunha espira, e I, a corrente. A unidade de medida é o henry. OBS: Tamén se denomina simplemente indutancia.