Pasar al contenido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Diccionario de Gallego
Alternador de idioma
Galego
Castellano
Cerrar el selector de idioma
Participa
Otros recursos
El diccionario
Galego
Castellano
Participa
Otros recursos
El diccionario
Abrir/cerrar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Diccionario de Gallego
Definiciones
Sinónimos
Conjugador
Refranes
Buscar término
Opciones avanzadas
Palabra completa
Comienza con
Contiene
Termina con
En toda la entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Español
Francés
Italiano
Buscar término
Buscar término
Buscar término
amistade
Escuchar
Pliral:
amistades
s
f
amizade.
Refranes
A amistade cosela e, se convén, descosela; mais non rompela.
A amistade do gato boa é, se non rabuña.
A cama e o cárcere son proba de amigos.
A comida comida desfai a compañía.
A compaña de tres boa é; a de catro dáa ao diaño.
A lingua do amigo malo corta máis que un machado.
A quen queiras mal, non o queiras no hospital.
Aceite, viño e amigo, mellor canto máis antigo.
Algo lle falta ao rico, se non ten ningún amigo.
Amigo ata a porta da igrexa, ese é amigo de veras.
Amigo campesiño, comerache o pan e beberache o viño.
Amigo de aldea, para que n o queira.
Amigo de bo tempo muda co vento.
Amigo de dúbida é o que te aconsella e podendo non te axuda.
Amigo de moitos e amigo de ningún, todo é un.
Amigo de montaña, quen o perde, gaña.
Amigo de un, amigo de ningún.
Amigo do vento muda co tempo.
Amigo e viño, o máis antigo.
Amigo Estevo, amigo Antón; pero máis amiga a razón.
Amigo non foi aquel que o deixou de ser.
Amigo Pedro, amigo Xan; pero máis amiga a verdá.
Amigo polo seu proveito, andoriña no teito.
Amigo que non dá e coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
Amigo vello vale máis que diñeiro.
Amigo, de un; e inimigo, de ningún.
Amigo, non de min, senón do meu trigo.
Amigo, vello; touciño e viño anellos.
Amigos coma o can e o gato, que comen no mesmo prato.
Amigos de lonxe e contas de preto.
Amigos de taberna, amigos de merda.
Amigos e libros, poucos, bos e ben coñecidos.
Amigos e mulas fallan ás duras.
Amigos que se coñecen, dende lonxe se saúdan.
Amigos, de lonxe; e contas, de preto.
Amigos, poucos e bos.
Amistade crebada vale pouco ou nada.
Amistade de boca, bulsa pechada e moita parola.
Amistade de catro, xuntoiro do diaño.
Amistade por interés, non dura porque non a é.
Amistade prendida con alfinetes, despréndela cando queres.
Amistade, con todos; confianza con poucos.
Amistade, vella; e casa, nova.
As amistades hanse descoser mais non se han romper.
Ben estou co amigo que come o seu pan comigo.
Ben parva é a ovella que co lobo se confesa.
Ben pode dicir que é rico o que ten bos amigos.
Bo de convidar e malo de fartar.
Bocado comido xa non fai amigo.
Bótate a enfermar, verás quen che quere ben e quen che quere mal.
Bótate a enfermar: xa verás quen te quere ben e quen te quere mal.
Buscando un amigo a vida pasei, e morro de vello e non o atopei.
Cada cal ama o seu igual por lei natural.
Cada cal co seu cada cal.
Cada cal co seu igual.
Cada cal quere o seu igual.
Cada par co seu par.
Cando a ocasión chega, o máis amigo a pega.
Canta máis amistade, máis claridade.
Chámolle tía para que me día; que, se me non dá, chámolle tía de acolá.
Co falso non tomes amistade, porque che fará maldade.
Coitas e camiños dannos amigos.
Compaña de dous, compaña de bos.
Con achaque de amistade moitos fan falsidade / ruindade.
Cos bos amigos cómese.
Dade ao demo o amigo que vos deixa a palla e vos leva o trigo.
Dálle ao rabo o can non por ti senón polo pan.
Dende que teño ovellas e crías, todos me dan os bos días.
Dos amigos gárdeme Dios, que dos ioimigos gardámooos nós.
Dúas aves de rapiña non gardan compañía.
Entre amigos o que máis pon máis perde.
Entre amigos, con velo abonda.
Entre bos amigos non están mal os testigos.
Ese é meu amigo, que moe no meu muíño.
Gañar amigos e dar diñeiro a logro é sementar en terreo froitoso.
Haxa cebo no pombal, que as pombas non faltarán.
Home bravo e mandón, para meu amigo, non.
Hoxe por min e mañá por ti; todo che ha de quedar aquí.
Inimigo, de ninguén; amigo, cando menos, de un.
Máis vale amigo na praza que diñeiro na arca.
Máis vale onza de sangue que libra de amistade.
Máis vale un amigo bo que parente e medio.
Máis vale un bo amigo que dez parentes, eles lonxe e el presente.
Mal amigo é o que come o meu comigo e o seu consigo.
Mentres teñas qué comer, non faltará quen te veña ver.
Moito te quero, mais pouco ben che fago.
Moitos amigos, ningún amigo.
Moitos son os amigos, poucos os escollidos.
Na cama e na cadea coñécese o amigo e non entre xerros de viño.
Na necesidade vese ben a amistade.
Nas coitas que un ten coñécese quen nos quere ben.
Nin amigo reconciliado mn guisote requentado.
No perigo coñécese o amigo.
Non busques por amigo o rico nin o nobre senón o bo,inda que sexa pobre.
Non esperes que o teu amigo che faga o que ti poideres.
Non hai amigos a mortos e a idos.
Non hai mellor amigo que un bo libro.
Non hai mellor parente có bo amigo presente.
Non lle chames amigo ao que non viviu contigo.
Non mires o don senón o que o dou.
Non teñas amistade con xente de mala caste.
Non teñas por amigo crego, frade nin "xudeo".
Nos males coñécense os amigos leales.
Nunca falta un roto para un descosido.
Nunca un lobo come outro.
O amigo do meu amigo é meu amigo.
Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño.
O amigo falso fere máis que o coitelo afiado.
O amigo leal e franco, ese é un merlo branco.
O amigo leal faiche compaña no ben e no mal.
O amigo que non é de certo, cuo olio pechado e outro aberto.
O amigo, nunca o probes.
O bo amigo non ha deixa-Ia palla e leva-lo trigo.
O home pillabán, tenmo sempre da túa mano
O máis amigo pégaeha.
O mal amigo deixa a palla e leva o trigo.
O marido, ámao como amigo e témeo como inimigo.
O mellor amigo non é o veciño.
Ó mellor amigo, o mellor tiro.
O mellor amigo, un libro.
O meu amigo papafigo come o seu pan só e o meu comigo.
O meu é meu; e o teu, de entrambos.
O meu, meu; e o teu, tamén meu.
O neno e o bacoriño van a onde lles dan un bocadiño.
O pan comido e a compaña desfeita.
O parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleres.
Ó porco e ao xenro ábrelle a porta, que xa el virá cedo.
Ó porco, ao xenro e á nora amósalle-Ia porta.
O que a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre.
O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro -dixo o santo do Pico Sagro moi arroupado.
Ó que te quere mal cómelle o pan e ao que te quere ben cómello tamén.
Ó que ten bo viño non lle faltan amigos.
Ó teu amigo cómelle o pan e bébelle o viño.
Ó Toma todo o mundo asoma e ao Daca todo o mundo escapa.
Odre sen viño non fai amigo.
Onde hai bocadiño, ahi está o bacoriño.
Os amigos certos son os probados con feitos.
Os males fan amistades.
Pan comido, compaña desfeita.
Para amigos, todos; para inimigos, abonda un soilo.
Para coñece-Ia amistade come con ela unha tega de sal.
Para o amigo verdadeiro ten sempre aberto o peito e a bulsa do diñeiro.
Para o pobre non é proveitoso acompañarse do poderoso.
Polo pan baila o can.
Por diñeiro baila o can e polo pan, se llo dan.
Por mor dos meus amigos éncheseme o lar de fillos.
Quen ben te quere, a boca cho sabe.
Quen che fai festas que non acostuma facer, algo de ti quer.
Quen deixa de ser amigo non o foi nunca.
Quen me quere ben dáme do que ten.
Quen me quere ben dime o que sabe e dáme do que ten.
Quen quere a Xan, quere o seu can.
Quen te enche de festas que non acostuma facer, ou qué rete enganar ou de ti ha mes ter.
Quen ten amigo dubidoso, durma eun olio e vele co outro.
Quen ten bo niño ten bo amigo e bo agarimiño.
Quen ten un bo amigo, téñase por rico.
Quen trata con raposo, gracias se lambe algún óso.
Renega do amigo que non te avisa do perigo.
Renega do amigo que te cobre coas ás e te morde co bieo.
Renego do amigo que come o meu comigo e o seu consigo.
Se non te ves pobre e perseguido, non sabes quen é o teu amigo.
Se queres ter amigos moitos, proba poucos.
Se queres vir comigo, trae contigo.
Se tes un tío rico e sen fillos, faiUe mimos e aloumiños.
Sempre miran para quen ten, que o mirar sempre foi ben.
Sempre que lle dan un bocadiño, alégrase o meu meniño.
Tan bo é Pedro coma Xan e tan bo é Xan coma Pedro: que os dous son dous bos parceiros.
Ti amósame a pereira, que quero estar á súa beira cando teña peras.
Ti ten grans no teu pombal, que as pombas xa che virán.
Palabras vecinas
amiotrofia
amirita
amisión
amistade
amitose
amitótico -ca
amitraz