indiferente

< lat indiffĕrente
Pliral: indiferentes
  1. adx Que non sente máis preferencia cara a unha cousa ca cara a outra.
  2. adx Que non presta unha atención especial a nada nin a ninguén.
  3. adx Que non ten interese ou importancia.
  4. adx Que non provoca nin afecto nin aversión.

Sinónimos

Citas

  • Asistiu á reunión indiferente, Desde hai uns días está indiferente a calquera cuestión, Dirixiu o seu discurso aos indiferentes e aos indecisos
  • É indiferente que veña hoxe ou mañá
  • É unha cuestión indiferente para os nosos obxectivos
  • Ese home éme indiferente