incrustación

< lat incrustatĭōne
Pliral: incrustacións
  1. s f Acción e efecto de incrustar ou incrustarse.
  2. s f
    1. Acción de adornar algunha cousa con pedras, metais, e similares, encastados en entalladuras practicadas na superficie.
    2. Material incrustado nun obxecto.
  3. s f PALEONT Modo de fosilización dun corpo orgánico vexetal ou animal en contacto cunha substancia mineral calcaria ou silícea.
  4. s f QUÍM Depósito salino que se forma na superficie dos tubos ou recipientes pola precipitación dos sales nos líquidos que conducen ou conteñen.
  5. s f FISIOL Depósito dunha capa mineral sobre tecido orgánico.