amina

< am-, abreviatura de amoníaco + -ina
Pliral: aminas
  1. s f QUÍM Composto orgánico que deriva formalmente do amoníaco NH 3 mediante a substitución dun ou máis átomos de hidróxeno por grupos hidrocarbonados R. Son primarias, secundarias ou terciarias, segundo haxa un, dous ou tres hidróxenos substituídos.
  2. amina cerebral BIOQ catecolamina.
  3. aminas psicotónicas QUÍM Conxunto de psicofármacos que provocan reaccións estimulantes e antinarcóticas sobre o córtex cerebral, especialmente a efedrina e a anfetamina.