incerteza

<   1 in-+ certeza
Pliral: incertezas
  1. s f Calidade de incerto.
  2. s f Estado de quen se atopa inseguro.
  3. principio de incerteza FÍS Principio fundamental da mecánica cuántica, segundo o que é imposible medir exacta e simultaneamente a posición e a velocidade dunha partícula. OBS: Tamén se denomina principio de indeterminación.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Verificou a incerteza da información
  • Vive nunha continua incerteza, Preocúpalle a incerteza da súa continuidade no posto

Refranes

  • Cada día que pasa, sabemos o que pasou e non sabemos o que pasará.
  • De aquí a alá sabe Deus o que será.
  • Mándame o meu amo, mándame a miña ama e non sei ben cal mandado faga.
  • Ninguén é adiviño do mal que está veciño. {R
  • O comido é o seguro, que o que comido non está sabe Deus quen o comerá.
  • O día de mañá ninguén o viu nin o verá.
  • Pedra movediza nunca musgo cría.
  • Sabe un ao que chegou e non sabe ao que chegará.
  • Se vas tras do dubidoso, pódeste ver sen o certo.

Formas incorrectas

incertidume