impureza

< lat impuritĭa
Pliral: impurezas
  1. s f Calidade ou condición de impuro.
  2. s f Substancia que converte a outra en impura
  3. s f FÍS Átomo trivalente ou pentavalente que, disposto convenientemente na estrutura cristalina dun semicondutor intrínseco, o converte en extrínseco (p ou n, respectivamente).
  4. s f IND Elemento estraño á matriz metálica incluído nesta como átomo intersticial ou de substitución, ou ben en forma de fase dispersa, nun metal ou aliaxe.
  5. impureza legal RELIX Impureza da que se hai que liberar ritualmente se se pretende participar do culto sagrado.

Antónimos

Citas

  • A impureza do aire débese á excesica emisión de gases
  • Eliminaban as impurezas da auga cun filtro de carbono