impresión

< lat impressĭōne
Pliral: impresións
    1. s f Acción e efecto de imprimir.
    2. s f Técnica decorativa, que se emprega na cerámica e na ourivaría e que consiste en empregar un selo ou calquera outro obxecto en forma de tampón sobre a súa superficie.
    3. impresión dixital Sinal que deixa a punta dos dedos nun obxecto e que se emprega con finalidades de identificación.
  1. s f FISIOL Depresión na superficie dun óso.
  2. s f Opinión ou xuízo que está formado intuitivamente.
    1. FISIOL Excitación producida por distintas formas de estímulos sobre unha terminación nerviosa sensitiva.
    2. s f Efecto causado sobre o ánimo, especialmente vivo e fondo.
  3. s f Opinión global que se ten sobre algo ou alguén.
  4. s f Acción e efecto de impresionar.

Citas

  • A impresión dun libro é tan custosa como a dun disco
  • A impresión que tiña sobre o tema era errónea
  • Causáronlle unha grande impresión os desastres da guerra
  • Pedinlle que me dera a súa impresión sobre a obra