smSituación en que se encontra algo ou alguén que está illado.
CONSTR
smConxunto de elementos que contribúen a illar.
illamento acústicoIllamento que se destina a evitar o paso de sons entre ambientes veciños. A propagación diminúe cando se efectúa con materiais de elasticidade diferente como son o aire e a retícula de material esponxoso.
illamento térmicoIllamento que se destina a frear o paso de calor a través dos peches dun edificio para facilitar a conservación da súa temperatura interior.
smXENFenómeno que consiste na imposibilidade de hibridación entre dúas poboacións da mesma especie de organismos ocasionada por barreiras de diversa natureza, como obstáculos xeográficos que separen as dúas poboacións, que a maduración sexual sexa en épocas distintas, ou diferenzas de comportamento.
smENX
Incomunicación entre dous condutores de maneira que non poida haber paso de corrente dun a outro.
Conxunto dos illantes que forman parte dun aparato ou máquina para illar os seus condutores.
Conxunto das propiedades adquiridas por un condutor illante.
smMED/PATReclusión dun individuo en si mesmo, que conleva unha incomunicación practicamente total cos outros.
smMEDAcción de illar determinados enfermos durante o período contaxioso da enfermidade para evitar o contaxio.
cura de illamentoMED/PATMedida terapéutica que consiste en illar o enfermo internándoo nun establecemento adecuado.
illamento directoMICROBMétodo que consiste en separar dun inóculo polimicrobiano certas especies bacterianas e deixalas crecer libremente nun medio sólido.
Citas
O illamento do lugar favorece o mantemento dos seus costumes