identidade

< lat identĭtāte
Pliral: identidades
  1. s f Calidade de idéntico.
  2. s f Conxunto de trazos propios que caracterizan e individualizan a unha persoa ou cousa.
  3. s f DER Personalidade civil dun individuo.
  4. FILOS
    1. s f Atributo ontolóxico en virtude do que o que é non pode non ser.
    2. filosofía da identidade Doutrina baseada na identidade orixinal do suxeito e do obxecto, do intelecto e da natureza.
    3. principio de identidade Principio, derivado tradicionalmente da identidade ontolóxica, formulado, na lóxica das proposicións, como unha tautoloxía: p p, p = p, onde p é unha proposición enunciativa.
    4. principio de identidade Principio lóxico segundo o que un termo ten que representar sempre un mesmo concepto ou ten que posuír un mesmo referente no discurso.
  5. s f LING Igualdade que, segundo F. de Saussure, hai entre as diversas realizacións dun elemento lingüístico nunha mesma etapa da lingua (identidade sincrónica) ou nas diversas etapas da súa evolución (identidade diacrónica).
  6. s f MAT
    1. Aplicación idéntica.
    2. Ecuación que é satisfeita para calquera dos valores das variables. Represéntase co símbolo (.
  7. s f PSIC Propiedade do individuo humano de manter constantemente a personalidade de seu.

Citas

  • Perdeu a súa identidade cando tivo que emigrar, Intentan recuperar a identidade nacional