ideal

< lat ideāle
Pliral: ideais
  1. adx Relativo ou pertencente á idea.
  2. adx Que só existe no pensamento.
  3. adx Que responde a un arquetipo ou a un concepto perfecto.
  4. adx Que reúne as mellores calidades posibles ou que é o mellor na súa liña.
  5. s m
    1. Representación perfecta de algo que se pode tomar como patrón.
    2. Aquilo ao que se aspira por consideralo o mellor.
  6. s m pl Conxunto de ideas, valores ou crenzas que ten unha persoa ou grupo.
  7. s m MAT Subconxunto I dun anel A que cumpre estas dúas condicións: I é un subgrupo de A respecto á adición, e para calquera elemento a ? I e b ? A, a ¥ b ? I e b ¥ a ? I.
  8. ideal transcendental FILOS Ente sen base empírica e racionalmente indemostrable, pero esixido pola razón como prototipo do xuízo e da acción e como único principio explicativo da existencia.

Confrontaciones

Citas

  • O cadro segue os modelos ideais do barroco
  • O ideal de beleza do Barroco era distinto ao noso
  • O ideal sería que fosemos todos xuntos de viaxe
  • O val ten un clima ideal para cultivar kiwis, Casou co marido ideal
  • Os seus ideais impídenlle aceptar ese cargo, É de ideais progresistas
  • Vive nun mundo ideal que non se corresponde coa realidade cotiá