ictus

< lat ictu ‘golpe’
Pliral: ictuses
  1. s m MÚS
    1. Acento principal inicial e final dunha frase musical.
    2. Mínimo acento rítmico ou impulso melódico da liña vocal, no canto gregoriano.
  2. PAT
    1. s m Manifestación morbosa súpeta ou ataque.
    2. ictus apoplético apoplexía.
    3. ictus cardíaco Ictus acompañado de pulsacións que levantan visiblemente a rexión precordial.
    4. ictus meninxítico Ictus que se caracteriza pola contracción dos músculos da caluga, con acompañamento de cefalalxia, excitación, vómitos e sensibilidade do cranio á presión, a causa dunha hemorraxia imputable xeralmente á ruptura dun aneurisma cerebral.

Palabras vecinas