hostia

< lat hostĭa
Pliral: hostias
  1. s f RELIX Anaco pequeno de pan ácimo que o sacerdote consagra na misa como Corpo de Cristo.
  2. s f p ext Lámina moi fina feita principalmente con auga e fariña que se emprega en repostaría.
  3. s f RELIX íctima ofrecida en sacrificio a Deus.
  4. s f col Golpe que se lle dá a alguén.
  5. interx col Expresa sorpresa, dor, estrañeza, admiración ou anoxo.

Citas

  • A hostia do turrón derreteuse coa calor
  • Desfixo o coche coa hostia que lle meteu
  • Deulle unha hostia que o deixou no chan sen sentido
  • ¡Hostia, vaia casa que compraches!