horta

< lat hŏrtu
Pliral: hortas
  1. s f Terreo de regadío de pouca extensión en que se cultivan hortalizas, legumes e árbores froiteiras.
  2. s f Terra de regadío regular con augas derivadas do río dedicada ao cultivo de hortalizas, árbores froiteiras, plantas industriais e forraxe.

Sinónimos

Refranes

  • A horta do outono mantén o seu dono.
  • A horta en outono mantén o seu dono.
  • A horta no outono mata o seu dono.
  • Horta de san Martiño mantén o seu dono e mais o veciño.
  • Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é peor.