amenorrea

< gr ἀ ‘sen’ + μ ή ν ‘mes’ + ‘ρέω ‘correr, fluír’
Pliral: amenorreas
  1. s f FISIOL/PAT Falta de fluxo menstrual.
  2. amenorrea hipofisaria PAT Amenorrea que se produce como consecuencia de disfunción ou de tumores hipofisarios.
  3. amenorrea hipotalámica PAT Amenorrea de orixe psicoxénica ambiental ou tumoral.
  4. amenorrea hormonal extragonadal PAT Amenorrea producida por unha disfunción da medula, das cápsulas suprarrenais ou da tiroide.
  5. amenorrea ovárica PAT Amenorrea ocasionada por unha disxenesia, castración, disfunción ou enfermidades ováricas.
  6. amenorrea por causas xerais PAT Amenorrea por causa de infeccións, trastornos da nutrición ou anemia.
  7. amenorrea uterina PAT Amenorrea motivada pola ausencia, hipoplasia ou destrución do endometrio.
  8. amenorrea vaxinal/criptoamenorrea PAT Amenorrea que resulta dunha aplasia da vaxina ou da imperforación do hime.