homúnculo

< lat homuncŭlu
Pliral: homúnculos
  1. s m BIOL Nome dado ao espermatozoide tras as primeiras observacións do mesmo no microscopio, en que algúns estudosos crían ver a un home en miniatura.
  2. teoría do homúnculo BIOL Teoría biolóxica sobre a orixe da xeneración humana segundo a que cada home se atopa preformado no seu proxenitor e, ao mesmo tempo, contiña nel toda a súa descendencia.