homenaxe

< occ homenatge
Pliral: homenaxes
  1. s f
    1. Demostración de respecto ou veneración que se mostra cara a alguén.
    2. Acto que se fai como mostra de respecto ou veneración.
  2. HIST
    1. s f Manifestación externa e ostensible, na Idade Media, do compromiso solemne existente entre o vasalo e o señor.
    2. torre da homenaxe Torre máis alta dun castelo, onde tiñan lugar os xuramentos de fidelidade tanto de vasalos como de señores.

Citas

  • A homenaxe celebrouse no salón de actos da facultade
  • A súa actitude mostraba ás claras a homenaxe que lle facía ao seu mestre