hirundínido

Pliral: hirundínidos
  1. adx Relativo ou pertencente aos hirundínidos.
  2. s m ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos hirundínidos.
  3. s m pl ANIMAL/ORNIT Familia de aves, da orde dos paseriformes, que teñen o corpo delgado, a cabeza aplanada e ampla, o pico curto, amplo e aguzado, o pescozo curto, as ás largas e aguzadas, as patas febles e curtas, e a cola en forma de forcado. Son gregarios, insectívoros e só paran en terra para recoller material para construír o niño.

Palabras vecinas