sfTECNOLÓrgano mecánico constituído por unha ou máis pas de formas diversas, fixadas radialmente a un eixe motor, e que está destinado a converter, en interacción cun fluído, a forza mecánica de rotación en forza de translación no sentido do seu eixe.
sfANATDobramento semicircular que limita o pavillón da orella por adiante, por arriba e por detrás.
sfARQUIToluta do capitel corintio.
modelo da dobre héliceBIOLModelo que trata de explicar a disposición espacial dunha molécula de ácido desoxirribonucleico segundo o que a molécula de DNA se dispón nunha hélice de dúas febras con xiro á dereita, que se forman pola unión covalente de miles de desoxirribonucleótidos, e que se dispoñen de forma antiparalela e se unen por pontes de hidróxeno que se establecen de xeito específico entre as bases.