guerra

< xerm *werra ‘discordia, pelexa’
Pliral: guerras
    1. s f HIST/BÉL Loita armada entre dous ou máis países ou estados, ou entre grupos ou bandos dunha mesma nación.
    2. guerra bacteriolóxica/biolóxica BÉL Guerra en que se empregan contra o inimigo bacterias, virus, fungos e outros, dispersados co fin de provocar os correspondentes efectos nocivos ou mortais sobre as persoas, gando e plantacións.
    3. guerra civil POLÍT Guerra entre os cidadáns dun mesmo país ou dun mesmo Estado.
    4. guerra espacial/das estrelas BÉL Guerra que se desenvolve no espazo exterior á Terra.
    5. guerra nuclear/atómica BÉL Guerra en que se empregan armas nucleares.
    6. guerra privada HIST Loita armada, mantida durante a Idade Media, entre señores territoriais, soberanos, cidades ou vilas e que non afectaba á totalidade dun Estado.
    7. guerra química BÉL Guerra en que se empregan contra o inimigo diversas substancias químicas polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos.
    8. guerra relampo BÉL Estratexia de guerra (Blitzkrieg) desenvolvida polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, baseada nun avance rápido e sorpresivo de unidades terrestres combinadas co apoio da aviación.
    9. guerra santa / HIST/RELIX Guerra que se produce por motivos relixiosos, como a ğīhād islámica e as cruzadas cristiás.
  1. s f Calquera tipo de loita que se establece entre persoas, animais ou cousas.
  2. guerra de prezos ECON Competición entre empresas dun mesmo sector para baixar os prezos.
  3. industrias de guerra IND/BÉL Conxunto de industrias destinadas á produción de armamento.

Citas

  • Os rapaces do barrio declaráronse en guerra polo campo de fútbol

Refranes

  • A boa guerra fai a boa paz.
  • A guerra e a cea, comezándoa, logo se atea.
  • Ataque quen queira, que o que é forte espera.
  • Ben fala da guerra o que non foi a ela/non vai a ela.
  • Ben lle parece a guerra ao que está looxe dela.
  • Cando se afia o aceiro gárdase a pluma e o tinteiro.
  • Cen anos de guerra e nin un de preitos.
  • Cen anos de guerra e non un día de batalla.
  • Fala da guerra e líbrate dela.
  • Fala da guerra e, se podes, non vaias a ela.
  • Ir á guerra e casar, non se debe aconsellar.
  • Moitos hai na guerra e non todos están na pelexa.
  • Non é o mesmo falar da guerra, que verse neIa.
  • Non se debe aconsellar ir á guerra nin casar.
  • O mellor da guerra é non estar nela.
  • O prudente todo o ten que mirar, antes de armas tomar.
  • Quen non sabe o que é a guerra, que vaia a eIa.