groselleira

< grosella
Pliral: groselleiras
  1. s f PLANTA Arbusto caducifolio, do xénero Ribes, da familia das grosulariáceas, de follas alternas, simples e palmadas, flores regulares reunidas en acios e froitos, as grosellas, en baga.
  2. groselleira negra PLANTA Arbusto leñoso, de follas palmadas e bordos dentados, con flores agrupadas en acios e froitos en baga negra. Crece en bosques de ribeira, preto dos ríos ou tamén como planta ornamental.
  3. groselleira silvestre/espiñosa PLANTA Arbusto espiñoso, con follas simples de bordo dentado, flores de cor vermella ou verdosa e froito en baga de forma ovada e cor vermella-verdosa.
  4. groselleira vermella PLANTA Arbusto non espiñoso, de ramas erguidas que portan grandes follas palmadas, flores reunidas en acios e froitos en baga de cor vermella e sabor agridoce.

Palabras vecinas