gremio

< lat gremĭu
Pliral: gremios
  1. s m HIST Corporación profesional de artesáns, obrigatoria, exclusiva e privilexiada, recoñecida oficialmente polos poderes públicos, municipais ou reais. Elemento característico da sociedade estamental desde o s XIII ata o s XIX e de carácter  urbano, estaba integrado por mestres, oficiais e aprendices.
  2. s m DER Asociación que agrupa empresarios ou industriais dunha mesma rama ou profesión. Ten capacidade para establecer concertos fiscais coa administración.

Palabras vecinas