graza

Pliral: grazas
  1. s f
    1. Calidade ou conxunto de calidades que fan atractiva ou agradable a unha persoa ou cousa independentemente da súa beleza.
    2. Habilidade natural ou soltura ao facer algo.
  2. s f
    1. Capacidade ou calidade que ten alguén ou algo para facer rir, divertir ou sorprender.
    2. Aquilo que divirte ou fai rir.
  3. s f Calidade de algo que sorprende ou resulta curioso.
    1. s f Disposición protectora e amigable cara a alguén por parte dunha persoa poderosa.
    2. s f DER Beneficio especial concedido polo poder público sen compensación directa, outorgado a favor de persoas físicas, xurídicas ou de institucións.
    3. s f DER Facultade das máis altas maxistraturas do Estado, consistente en conceder o indulto e a amnistía.
    4. edito de graza / DER/HIST Proclama coa que se concedía, periodicamente, por parte da Inquisición, un certo tempo para confesar algún acto heterodoxo sen incorrer nas penas previstas, ou con redución destas penas.
    5. prazo de graza DER Ampliación do prazo de pago unha vez vencida a débeda.
  4. s f RELIX Don ou auxilio sobrenatural de Deus polo que El prepara os homes para ser adoptados como fillos no seu Fillo polo Bautismo, converténdoos en herdeiros da vida eterna.
  5. s f pl Testemuño de agradecemento, especialmente feito con palabras.

Formas incorrectas

gracia

Palabras vecinas