grao

Pliral: graos
    1. s m Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.
    2. s m alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.
    3. s m EDUC Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.
    4. s m EDUC Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.
    5. s m DER Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.
    6. grao de abertura das vogais LING Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.
    7. grao de obstáculo das consoantes LING Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.
    8. grao de significación do adxectivo LING Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.
  1. s m Nome que acompaña os títulos de certos estudos.
  2. s m METROL Unidade de medida angular que equivale a 1/360 parte dunha circunferencia. Emprégase para expresar a lonxitude e a latitude.
  3. s m METROL
    1. Cada unha das divisións iguais numeradas dunha escala.
    2. Unidade de medida da temperatura.
    3. Unidade de medida dos ángulos.
    4. grao Celsius [°C] Intervalo térmico que corresponde a cada unha das divisións da escala Celsius. OBS: Tamén se denomina grao centígrado.
    5. grao Fahrenheit [°F] Intervalo térmico que corresponde a cada unha das divisións da escala Fahrenheit.
    6. grao Rankine [°Ra ou °R] Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Rankine.
    7. grao Réaumur [°R] Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Réaumur de temperaturas.
  4. s m Posición que alguén ocupa dentro dunha escala, especialmente nunha xerarquía militar ou na administración.
  5. s m DER
    1. Cada unha das xeracións que marcan o parentesco entre as persoas.
    2. Distancia que separa, no parentesco, as persoas entre as que se establece o cómputo.
  6. MAT
    1. grao dun monomio Suma dos expoñentes de todos os factores literais que compoñen un monomio.
    2. grao dun polinomio Grao do monomio de máis alto grao que contén o polinomio.
  7. s m DER Cada unha das diferentes instancias ás que pode dar lugar un preito.
  8. s m BÉL Dereito que se concedía aos militares para que se lles contase a antigüidade do emprego antes de obtelo. Tamén se concedía por honor.
  9. grao alcohólico METROL/QUÍM Unidade de medida da concentración alcohólica, que equivale ao tanto por cento en volume de alcohol etílico que contén calquera solución alcohólica.
  10. grao de abstracción FILOS Cada un dos graos que clasifican o nivel de abstracción conseguida no proceso cognoscitivo. A escolástica distinguiu entre os graos da física, da matemática e da metafísica.
  11. grao de acidez ALIM/QUÍM Característica química analítica dunha graxa que equivale ao tanto por cento dos ácidos libres que se expresan en forma de ácidos oleicos.
  12. grao de fermentación ALIM/QUÍM Tanto por cento de materias fermentables dun mosto de cervexa que se transforman en alcohol e dióxido de carbono.
  13. grao de liberdade FÍS Número de variables necesarias para definir o estado dun sistema.
  14. grao de simetría XEOL Conxunto de elementos de simetría que caracterizan cada clase cristalina.
  15. grao xeotérmico XEOL Número de metros que se ten que penetrar cara ao centro da Terra para experimentar un aumento de temperatura dun grao centígrado. 
  16. graos conxuntos MÚS Graos da escala musical que se suceden inmediatamente.