gránulo

< lat granŭlu
Pliral: gránulos
  1. s m Gran pequeno ou partícula.
  2. s m ASTRON Cela da granulación da fotosfera solar.
  3. s m BIOL
    1. Corpúsculo celular.
    2. Corpúsculo do cloroplasto, máis ou menos cilíndrico, que se constitúe por un conxunto de sacos discoides aplanados, que se forman como prolongación dos tilacoides. Contén a maior parte da clorofila dos cloroplastos.
  4. s m MED Pequena pílula que contén de 0,1 a 1 mg de substancia activa, recuberta por unha capa de sacarosa, goma arábiga ou lactosa. Empréganse moito en medicina homeopática.
  5. s m FISIOL Partícula intracelular que se tingue especificamente con determinados colorantes.
  6. s m BIOL Elemento de forma máis ou menos esférica que se pode observar no interior ou na superficie de células, tecidos ou órganos. Pode ser normal ou patolóxico.