granada

< lat granātu
Pliral: granadas
  1. s f BOT milgranda.
  2. BÉL
    1. s f Proxectil cheo de material explosivo que se pode lanzar coa man ou cunha arma de fogo.
    2. granada contrapersoal Proxectil de aceiro que leva unha carga interior de balotes de chumbo e antimonio, unidos en condicións normais por un aglutinante co que forman unha masa compacta ata que se produce a explosión.
    3. granada de fume/fumíxena Proxectil similar á granada de agresión química pero coa carga de fósforo branco, que serve para diminuír a visibilidade creando nubes de fume.
    4. granada incendiaria Proxectil cheo de pequenos cilindros cargados de material inflamable.

Palabras vecinas