gran

< lat granu
Pliral: grans
  1. s m BOT
    1. Froito ou semente dos cereais.
    2. Semente doutros froitos, redondeada e sen casca.
  2. s m BOT Froito ou semente que forma parte dun agregado.
  3. s m Parte ou porción redondeada e moi pequena de algo.
  4. s m
    1. Cada unha das desigualdades saíntes, comparables a pequenos grans, dunha superficie.
    2. BIOL gránulo.
    3. PAT Pequena tumoración vesicular ou papulosa da pel, normal ou patolóxica, que recorda as sementes dos cereais.
  5. s m NUMIS
    1. Unidade de conta siciliana empregada na Idade Media e que en 1222 valía 1/600 dunha onza de ouro.
    2. Moeda napolitana de prata cuñada durante o reinado de Filipe II.
    3. Moeda siciliana de bronce cuñada en Messina e máis tarde en Palermo, que desapareceu tras a unificación de Italia.
    4. Moeda napolitana de bronce cuñada durante o reinado de Filipe IV.
  6. s m Medida de peso que correspondía á vixésimo cuarta parte do denario.
  7. s m Cuarta parte do quilate, que se emprega para medir a lei ou fino, cantidade de metal precioso, nunha liga de ouro.
  8. gran de Baily/de rosario ASTRON Aspecto que presenta a estreita porción luminosa da superficie solar ao final ou ao principio da fase de totalidade dun eclipse solar.
  9. grande angular IND/ARTE Obxectivo de focal curta extrema.

Citas

  • Bótalle uns grans de millo ás galiñas
  • Cando foron de viaxe trouxéronme estes grans de café
  • Ten os zapatos cheos de grans de area
  • Unha pedra de gran fino

Formas incorrectas

grao (de cereal)

Palabras vecinas