gradación

< lat gradatĭōne
Pliral: gradacións
  1. s f Execución ou sucesión de algo en graos pasando por todas as etapas, fases ou estados intermedios.
  2. s f
    1. Serie de cousas ordenada por graos.
    2. IND/ARTE Grao de contraste nunha imaxe, en que as imaxes que posúen un baixo contraste defínense como suaves, e as que teñen un alto contraste denomínanse duras.
  3. s f LING Posibilidade que ten o adxectivo de recibir a atribución de diversos graos de significación (comparativo e superlativo).
  4. s f LIT Figura retórica que consiste nunha sucesión de expresións ou palabras, en grao crecente ou decrecente, de xeito que van acentuando o seu significado.
  5. gradación sedimentaria XEOL Clasificación dos grans polo grosor progresivo nos sedimentos detríticos.

Citas

  • O lenzo presenta unha gradación de cores escuras
  • Unha gradación crecente, Unha gradación descendente