gota

< lat gŭtta
Pliral: gotas
    1. s f Pequena cantidade dun líquido que cae formando unha masa con forma esferoide.
    2. s f Pouca cantidade dun líquido.
    3. s f Carencia de algo.
    4. gota a gota MED Sistema de administración dun líquido medicamentoso, xeralmente por vía intravenosa, de xeito lento e continuado.
  1. s f ARQUIT Elemento decorativo de forma cónica que se empregaba nos templos da Antigüidade, que imita unha gota desprendéndose e que vai colocado baixo os tríglifos do friso dórico.
  2. s f PAT
    1. Enfermidade que se caracteriza polo depósito de cristais de urato monosódico nas articulacións, os tendóns e o tecido intersticial do ril.
    2. Diatese que se traduce ás veces en localizacións articulares.
  3. gota fría METEOR Depresión atmosférica con efectos que se orixinan na circulación da troposfera media por mor do  aire frío que baixa rapidamente e forma na superficie un remuíño ciclónico, polo centro do cal ascende o aire quente superficial.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Botoulle unha gota de leite ao café
  • Non lle queda nin gota de ánimo
  • Pola fronte esvarábanlle gotas de suor