godo -da

< lat Gothu
Pliral: godos Masculino: godo Masculino plural: godos Femenino: goda Femenino plural: godas
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo godo e aos seus habitantes.
  2. s ETN/HIST Natural ou habitante do pobo godo.
  3. s HIST Descendente dos antigos visigodos establecidos durante o período carolinxio no territorio francés, protexidos por capitulares dos reis visigodos e que gozaban do seu propio dereito.
  4. s m pl ETN/HIST Pobo xermánico oriental formado por unha confederación de tribos unidas pola etnia e a lingua. Orixinario posiblemente do S de Suecia, no s I distribuíanse pola costa do Báltico. Durante as invasións dos hunos (370), dividíronse en godos orientais ou ostrogodos, que se estableceron ao redor do mar Negro, e godos occidentais ou visigodos, que se estenderon pola fronteira do Danubio. Os visigodos instaláronse na Galia e Hispania, mentres que os ostrogodos atravesaron Hungría e Austria para instalarse en Italia (s V).